Agenda

Simposio ILG 2020

Instituto da Lingua Galega

Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas
Data inicio luns, Febreiro 8, 2021 – 15:45

O tema proposto para este Simposio, organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega, pon o foco nos procesos de estandarización. Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito.

Presentación

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organiza anualmente un Simposio sobre un tema de interese científico, en que se convida a intervir a investigadores/as das universidades galegas, da península, europeas ou americanas. O Simposio que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021. O tema proposto para este Simposio pon o foco nos procesos de estandarización, e conta para a súa realización coa colaboración da rede ECLE (Estandarización Comparada das Linguas de España). Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito.

Nalgúns casos trátase de presentacións que ofrecen un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, noutros son intervencións que botan olladas diferentes e novas sobre o estándar e os procesos de estandarización e os distintos modelos de construción do estándar, ou ben que  sinalan novas vías de investigación: coma tal, a reconfiguración dos repertorios e rearticulación da arquitectura dos sistemas lingüísticos (monocentrismo/pluricentrismo) e as súas consecuencias, as tendencias cara á des-estandarización, ou mesmo sobre as problemáticas de tipo social, ideolóxico ou identitario que se relacionan co estándar e a estandarización. Un dos aspectos máis innovadores son as olladas comparativas entre distintos procesos de estandarización.

Tendo en conta as condicións extraordinarias que estamos a vivir, o simposio realizarase mediante intervencións gravadas e posteriores coloquios/debate en liña, aínda que contará tamén con dúas sesións presenciais que se celebrarán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e que serán transmitidas en directo. 

Organización

O Simposio ILG 2020 está organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración do Consello da Cultura Galega.  
Comité organizador
Coordinación: Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela) Secretaría: Carlos Eduardo Deoclécio (Universidade Federal Flumimense / Universidade de Santiago de Compostela / Ifes-Campus Vitória /CNPq) Secretaría técnica: Florentina Xoubanova Montero (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela)  
Comité científico
Rosario Álvarez Blanco (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela) Elmar Eggert (Chistian Albrechts Universität zu Kiel) Carlos Alberto Faraco (Universidade Federal do Paraná) Filomena Gonçalves (Universidade de Évora) Eva Gugenberger (Europa-Universität Flensburg) Daniela Lauria (Universidad de Buenos Aires / CONICET) Juan Carlos Moreno Cabrera (Profesor xubilado da Universidad Autónoma de Madrid) Antón Santamarina Fernández (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela)

Inscripción

As persoas interesadas en asistir deberán cubrir o formulario que se atopa nesta ligazón(link is external). O prazo de inscrición remata o xoves 4 de febreiro ás 12.00 h (GMT+1).

Contacto: florentina.xoubanova@usc.gal(link sends e-mail).

Lugar

As conferencias dos días 8, 10, 18 e 22 de febreiro serán gravadas e estarán dispoñibles uns días antes dos marcados para os coloquios/debate, en que participarán as/os conferenciantes dous a dous. Os coloquios/debate realizaranse mediante videconferencia.   As xornadas dos días 24 e 25 celebraranse presencialmente no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e serán transmitidas en directo.   Ofrecerase en breve información máis concreta sobre medios, datas e lugares de difusión.

Luns, 8 de febreiro. Coloquio/debate (en liña)

HoraSesión
19.00 h – 20.00 h (GMT+1)Joan Costa (Universitat Pompeu Fabra): El concepte de estàndard en l’estandardologia comparada / El concepto de estándar en la estandarología comparada. Carla Amorós (Universidad Salamanca): Estandarización y des-estandarización: perspectivas emergentes sobre viejas cuestiones. Moderador: Henrique Monteagudo

Mércores, 10 de febreiro. Coloquio/debate (en liña)

HoraSesión
19.00 h – 20.00 h (GMT+1)Miren Azkarate (EHU-UPV): La estandarización del euskara: historia, situación y desafíos. Miquel Pradilla (Univ. Rovira Virgili/ Tarragona): La pluricentralitat de la llengua catalana: una reflexió necessària en un context de minorització / La pluricentricidad de la lengua catalana: una reflexión necesario en un contexto de minorización. Moderadora: Rosario Álvarez Blanco

Xoves, 18 de febreiro. Coloquio/debate (en liña)

HoraSesión
19.00 h – 20.00 h (GMT+1)Xoán Lagares (Universidade Federal Fluminense): A organización dos espazos lingüísticos do español e do portugués: unha ollada comparativa. Fernando Venâncio (Universidade de Amsterdam): A estandarização do português: do passado ao presente. Moderador: Carlos Eduardo Deoclécio

Luns, 22 de febreiro. Coloquio/debate (en liña)

HoraSesión
19.00 h – 20.00 h (GMT+1)Carlos Eduardo Deoclécio (UFF/USC/Ifes-Campus Vitória /CNPq): Mídia, norma linguística e purismo / Cenas no português brasileiro e no galego. Marcos Bagno (Universidade de Brasília): Insegurança linguística, hibridismo de normas e desigualdades sociais no Brasil. Moderador: Leandro Silveira de Araújo (Universidade Federal de Uberlândia)

Mércores, 24 de febreiro. Conferencias e coloquio/debate. Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e transmisión en directo

HoraSesión
19.00 h – 19.30 h (GMT+1)Gabriel Rei-Doval (Wisconsin University-Milwaukee): Estandarización do galego e purismo.
19.30 h – 20.00 h (GMT+1)Henrique Monteagudo (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago de Compostela): A estandarización do galego: vellos debates e novos horizontes.
20.00-20.30 h (GMT+1)Coloquio/debate Moderadora: Florentina Xoubanova

Xoves, 25 de febreiro. Mesa redonda. Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e transmisión en directo

HoraSesión
19.00 h (GMT+1)A estandarización do galego: problemas e desafíos Xosé L. Regueira (Instituto da Lingua Galega – Universidade de Santiago): O debate sobre a «autenticidade» e a identidade do galego estándar. Eduardo Maragoto (EOI-Santiago de Compostela): Padronização do galego e convergência com o português: a proposta da binormatividade. Fernando Ramallo (Universidade de Vigo): A estandarización do galego desde a perspectiva sociolingüística. Moderador: Henrique Monteagudo

Más información en la página del Simposio.

0 comments on “Simposio ILG 2020

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: