Biblioteca

VARIEDADES LINGÜÍSTICAS EN CONTACTO NA PENÍNSULA IBÉRICA

Acceso a la publicación

No mundo existen na actualidade máis de 6000 linguas que son faladas por comunidades que viven en 195 países recoñecidos internacionalmente. En consecuencia, contra unha visión que propugna o monolingüismo como normalidade lingüística, resulta obrigado concluír que o contacto de linguas e variedades non é unha anormalidade, senón que é un feito inevitable e unha constante na historia das comunidades humanas. Neste sentido, a situación do galego e a das outras linguas peninsulares non resulta singular nin extraordinaria. Sen irmos máis lonxe, no ámbito ibérico dáse contacto entre as variedades orixinarias (galego, castelán, asturiano, portugués, vasco, aranés, catalán, aragonés etc.) e entre estas e outras faladas por inmigrantes, os seus descendentes e residentes estranxeiros (romanés, árabe, alemán, wu, quechua etc.).

Neste volume reúnense sete traballos que abordan a análise de diferentes situacións de contacto de variedades lingüísticas peninsulares desde distintas perspectivas. Nun grupo de traballos estúdanse as consecuencias do contacto entre variedades identificadas como linguas e con distintas relacións de semellanza (galego, castelán, vasco, catalán, mirandés, portugués, asturiano), noutro preséntase a análise da confluencia de variedades relacionadas cunha mesma lingua (galego urbano, galego tradicional, castelán estándar, sociolectos andaluces etc.). As análises son realizadas desde diferentes modelos teóricos e reparando en distintos aspectos do sistema lingüístico. O conxunto de contribucións axuda a entender mellor a complexidade dos procesos de contacto e a recoñecer o interese destas investigacións para o avance do coñecemento lingüístico.

TituloVariedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica
EdiciónFrancisco Dubert
Vítor Míguez
Xulio Sousa
AutoríaAlba Aguete Cajiao
Ramón de Andrés
Alberto Gómez Bautista
Sara Gómez Seibane
Carsten Sinner
Victoria Vázquez Rozas
Matilde Vida-Castro
LimiarFrancisco Dubert
Vítor Míguez
Xulio Sousa
PublicaciónSantiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición1ª edición
Descrición física220 p. : map. ; 24 cm
ISBN978-84-17802-23-3
Depósito LegalC 889-2020
DOI10.17075/vlcpi.2020
ColecciónEnsaio & Investigación. Serie Lingüística
MateriasLingua

0 comments on “VARIEDADES LINGÜÍSTICAS EN CONTACTO NA PENÍNSULA IBÉRICA

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: